Saturday 04 de May de 2024

A Xunta incrementa as prazas financiadas no Centro de Día Lamastella de Aspronaga


— O Goberno galego achega preto de 28.000 euros a sufragar o custe de oito prazas máis nesta instalación, para chegar ás 51

— A Administración autonómica destina 3,8 millóns de euros a financiar unhas 290 prazas nos diferentes centros que ten Aspronaga

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou hoxe nunha visita ao centro de día Lamastelle de Aspronaga, que a Xunta incrementou as prazas financiadas no servizo. O Goberno galego achega preto de 28.000 euros a sufragar o custe de oito prazas máis nesta instalación, para chegar ás 51.

Fernando González Abeijón subliñou o papel de Aspronaga na atención ás persoas con discapacidade e das súas familias na área da Coruña. Por iso, remarcou o compromiso do Goberno galego con esta entidade referente no ámbito da discapacidade coa que a Administración autonómica moito tempo traballando.

Neste sentido, recordou que a Administración autonómica destina 3,8 millóns de euros anuais a financiar unhas 290 prazas nos diferentes centros que ten Aspronaga tanto en Oleiros como na Coruña.

Así mesmo, o director xeral aproveitou a visita para agradecer tamén o labor diario dos profesionais que forman parte dos servizos da asociación, por impulsar a autonomía dos usuarios e tamén por mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.